Hoxe foi un día de dezoito graos e ceo azul. Hoxe, despois dunha semana de días escuros, tiven un sábado de sol. Hoxe, paseando en camiseta e con lentes de sol polas rúas ateigadas da cidade lembrei por que me gusta tanto Amsterdam.
En calquera entorno estraño a rutina vólvese algo bastante sagrado. Sobre todo, cando se está só: para que saír dunha rutina que funciona aceptablemente? Calquera mínima desviación da mesma é previamente estudada e planificada para evitar sorpresas. Esa inercia leva a confundir estraño con hostil e péchanse os ollos a moitas cousas que sen dúbida poderían ter resultado enriquecedoras.
Pois ben, hoxe saín pasear pola cidade co único propósito de ver o que me estivera perdendo esta semana. Bueno, e o de ver o GP de Jerez, para que mentir. Por certo, que o vin nun bar chamado The Bottle do que xa falarei noutra entrada…
O caso é que paseei. Moito. De Central Station á praza Dam, da praza Dam ao Wallen, de aí a Spui, Konigsplein, Leidseplein, Albert Cuypstraat, Rembrandtplein e volta Central Station. Máis todo o necesario para unir eses puntos. E redescubrín o que me namora desta cidade: o ambiente. Turistas abraiados mirando cara as fachadas inclinadas do século XVII, terrazas cheas de xente de todas as partes do mundo, restaurantes exóticos, cervexarías internacionais… Pero quedo con dúas imaxes: o barullo do mercado de Albert Cuyp Markt (haino cada sábado) e a xente sentada nas portas das súas casas lendo ao sol e conversando con veciños.
E non podo rematar o post sen mencionar o estraño que resulta entrar pola praza Dam e ver unha masiva pelexa de almofadas. Plumas por todas partes e lexións de incrédulos quitando fotos. Velaquí o motivo.
Qué genial la pelea de almohadas!!
É que os días con sol axudan a descubrir a maxia de calquera cidade. Máis de unha como na q stas!
BiCoS
P.D.
Pelea de almohadas! Ten pinta de ser divertidisimo!