Odyssey

31 03 2011

Vou coller prestado o título desta entrada ao gran Ynwie Malmsteen. Hoxe, por fin, vexo a fin dunha odisea na que levo metido xa case tres semanas: a procura dun apartamento en Amsterdam.

Pode chmar a atención que falando dunha cidade tan multicultural e aberta, alén de ser unha grande capital europea, a procura dun apartamento sexa tan complexa. A explicación é ben sinxela: as leis de urbanismo da cidade dificultan enormemente a construción de novas vivendas para manter controlado o nivel de poboación. Isto provoca que a oferta existente sexa moi escasa. Por outra banda, o control da poboación e o carácter da cidade convértena nun lugar do máis atractivo para a procura de emprego ou a aventura; logo hai moita demanda. Coma vedes, é unha mala combinación de factores.

Neste marco, o aluguer vólvese un negocio moi lucrativo para particulares e axencias. Técnicas coma o cobro de taxas por visitar apartamentos ou o pago dun mes de aluguer coma comisión ao axente son do máis habitual. E coma non podía ser doutro xeito, os apartamentos están enormemente sobrevalorados.

Dende un punto de vista máis persoal, aprendín moito da experiencia da procura. Aprendín o que se pode ver en calquera cidade de Galicia (máis esaxerado aínda nas grandes cidades españolas): a distancia ao centro da cidade é directamente proporcional á calidade do apartamento e inversamente proporcional ao prezo. Mais non foi o único que aprendín. Vin cousas tan terribles que Sanidade debería telas pechado hai anos; no canto diso teñen un prezo exorbitado e a xente pelexa por alugalas. Aprendín que na calidade da vivenda media, en España estamos bastante por diante.

Hoxe recibín o meu contrato de aluguer para revisalo. Considérome enormemente afortunado de ter atopado o que atopei en tres semanas: completamente exterior, con terraza, en moi bo estado e nun barrio tranquilo e axardinado. Está fóra de Amsterdam, concretamente en Weesp. Iso si, a 15 minutos de Central Station e menos de media hora do traballo. En transporte público, claro. Aí si que Holanda é un país avanzado.


Accións

Información

3 responses

1 04 2011
Alba

Xenial!! Asi que xa tes (tedes) piso!! E con terraza!!
Xa fixen a busqueda correspondente por internet e Weesp parece ser un sitio precioso!! Estou desexando conocelo ;P
Xa contarás máis cousas e subirás algunha foto!
BiCoS

1 04 2011
Vane

La búsqueda finalmente dio sus frutos! Un precioso piso en una preciosa ciudad! 🙂

2 04 2011
Enrique

Noraboa por rematar a percura. Non é nada doado o aluguer por eses lares.
Estaredes moi ben nese bonito pobo, que ten a súa historia, como iredes coñecendo.

Saúdos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s




A %d blogueros les gusta esto: