Asentado de novo

22 04 2011
Coma ben avanza o título desta entrada, xa estou aquí outra vez. Lamento estas case dúas semanas de ausencia, pero co conto da mudanza estiven bastante liado e sen unha conexión a internet dende a que comunicarvos as miñas andainas. Agora, gracias á providencia e á inxección de tráfico xa dispoño dunha bastante aceptable.
Xusto un día despois de que o “crazy man upstairs” fose posto na rúa polos propietarios. Cando un día máis tarde fun polas miñas cousas para traermas ao novo apartamento, descubrín que tiveran que contratar un equipo de limpeza para tentar enmendar o desastre que deixara o tipo tras del. Tiveron que invertir dúas xornadas de traballo en adecentar o salón e a habitación do “crazy man”. A oito horas por habitación podédesvos imaxinar como estaba todo. E iso que o fulano non viviu aí nin un mes!
Pola miña parte, botei a semana pasada entre viaxes cargado de mochilas e expedicións na procura de mobles e electrodomésticos básicos, pois o apartamento estaba inicialmente baleiro. E con baleio quero dicir que non había nada. Por non haber, non había nin portalámpadas. Así que entre cargas e descargas pasei un par de días durmindo no chan e facendo de electricista, facendo uso non máis ca da habitación, o baño e a cociña. Levoume algo de tempo aceptar o que era a instalación eléctrica: dous circuitos serie con cadanseu fusible. Isto quere  dicir que se conectas mal unha lámpada quedas sen enchufes e outras lindezas  semellantes. Unha chafallada, vaia.
A mediados da pasada semana xa tiña luz e unha morea de caixas planas de cartón (adiviñade onde merquei os mobles) agardando seren abertas. Tamén tiña unha chea de roña indescriptible en practicamente todos os recantos da casa. En vista do choio que tiña por diante, decidín coller un ar de días libres. Neles, contei coa colaboración inestimable do meu pai, sen a cal o traballo teríase convertido na historia interminable. Finalmente, este martes o aprtamento  estaba listo.
Lamento non poder amosarvos fotos do antes, pero estaba preocupado de máis coma para facelas; subo unhas cantas do despois para que vexades o resultado. Pódovos dicir que no proceso pintouse toda a parte branca do salón e do baño, montáronse unha cama, un somier, un armario, un sofá e catro  sillas que tamén foron barnizadas. Tamén se conectaron unha lavadora e máis un microondas, e limpouse toda a casa de arriba abaixo agás a terraza, da que me estou a ocupar nestes días. Os que me coñecedes sabedes que non son de queixa fácil, mais o certo é que o choio que pasei/pasamos non llo desexo a ninguén.
Aínda que non lle poderei chamar fogar mentres non teña á miña princesa comigo, que gusto dá á fin sentirse a gusto na casa dun!

Accións

Información

7 responses

22 04 2011
Abelenda

Moi básico o de “inxección de tráfico” jejejeje 😉

22 04 2011
carronhero

Básico, básico 😉

25 04 2011
acarrop

Moi chulas as fotos (e o piso). E por certo, tremendo trastero!!!!!!

Bicos!

25 04 2011
carronhero

Si que é unha pasada o trasteiro. É grande abondo coma para montar un obradoiro de carpintería ou mecánica e aínda así poder aprovitar o almacenamento. As fotos… non son moi boas, a verdade, pero sei dunha que se ha encargar de solucionar iso en canto chegue 😉

25 04 2011
RICOtron!

alégrome do asentamento meu!!!!!
aínda que debo agregar que,joder,love crazy man uptstairs jajajajajaja
a ver como nabiza saco tempo para subirme tio!!!

25 04 2011
carronhero

Hei de recoñecer que, agora que o conto rematou, pensar en contarche a historia suxíreme un escaralle de grandes dimensións 😀

25 04 2011
Silvia

Noraboa por saber solventar a situación co veciño tolo, a búsqueda do piso e a súa adecuación. Realmente é intensa a túa experiencia, non si? Ánimo, que xa falta pouco para que a vida sexa un pouco máis normal.
Moitos bicos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s




A %d blogueros les gusta esto: