Preparados? Vai!

28 03 2011

Desculpade o aspecto pouco coidado en xeral que poda amosar o blogue nestes primeiros dias, asi coma a ausencia de tiles e enhes nas publicacions. O do aspecto tentarei pulilo o antes posible, e a puntuacion amanharase cando me faga cun teclado espanhol. Se estades dispostos a facerdes un esforzo por lerdes sen tiles un blogue que comeza cunha desculpa no canto dunha benvida, seguide lendo.

Nesta primeira entrada, querovos contar un pouco o que fago por aqui e o que agardo creemos entre todos. Hai xa 15 dias deixei o meu lar para vir traballar a terras holandesas. Sei que non son o primeiro que o fai nin serei o derradeiro, e tampouco son quen o fai nas peores condicions nin nas mellores. Son so un mais dos que cren que dar este pasinho de dous mil km pode servir para medrar persoal e profesionalmente, e ademais se atreve a tentalo.

Non sei como van sair as cousas nesta nova etapa. O certo e que Amsterdam, a cidade na que agora vivo e traballo, e moi acolledora e bastante tranquila para ser unha grande capital europea. Tentarei dende aqui contarvos as cousas que me sorprenden dela, desmontar alguns dos mais famosos mitos sobre a cidade e darvos as minhas impresions totalmente subxectivas do seu pulso. O bonito e que estou certo de que esas impresions han ir evoluindo segundo pase mais tempo aqui. E iso e un pouco o que quero facer disto: un lugar onde compartir pensamentos, sensacions  e anecdotas e ao tempo alimentarme dos vosos comentarios para sentirme un pouco menos so nesta aventura.

Advirtovos dende xa que isto non vai ser un blogue uniforme onde todas as entradas sexan dun mesmo estilo. Preparadevos para un barullo de artigos de opinion, curiosidades, entradas intimistas e reportaxes fotograficas. Vou volcar aqui o que me saia de dentro, tentando facer que vexades a traves dos meus ollos e sintades o que levo no peito;  ilusionarvos cos meus descubrimentos, facervos reflexionar co que aprenda e emocionarvos coa minha saudade.

Que isto sexa unha ponte para unir Galicia e Amsterdam. Ride, sonhade e chorade comigo para deixarmos aqui unha pegada imborrable.

Pero antes ca nada, sede benvidos.

 

Advertisements

Accións

Información

4 responses

29 03 2011
Alba

Noraboa!! Esperarei ansiosa cada nova entrada!!! E sen dúbida reiremos e soñaremos máis que chorar. BiCoS ;P

29 03 2011
Vane

Ese es mi Quique! 😉

29 03 2011
Silvia

Que agradable sorpresa!! A verdade é que o aspecto é precioso, a foto dálle un toque galego morriñento, non si? O contido está cheo de sentimento, así que… que máis se pode pedir? Biquiños

30 03 2011
carronhero

Gracinhas a todos polos comentarios e as mensaxes de apoio. Tentarei actualizar esta noite ou manha, que hoxe ando moi liado coa procura de apartamentos, a cita no rexistro no concello e o traballo (todo a vez)…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: